O veciño do xoves foi un programa de tertulias e entrevistas presentado e dirixido por Xosé Ramón Gayoso que se emitiu na Televisión de Galicia na tempada 1987-1988. Características O programa presentábase como se fose un salón dunha casa onde o presentador recibía a xente anónima e personalidades coñecidas da sociedade galega para falar de temas de actualidade nun ambiente relaxado. Tamén había actuacións musicais e humorísticas, como a habitual de Xosé Manuel Olveira "Pico". Foi o programa co que quedou máis satisfeito Xosé Ramón GayosoEntrevista a Xosé Ramón Gayoso comezando como guionista a súa actividade na televisión, Xosé Manuel Pereiro. Notas
Categoría:Programas da TVG