Xoaquín Orlando Campo Freire, coñecido como Xaquín Campo Freire ou polo pseudónimo Xaquín da Roca, nado en Narón o 20 de maio de 1937, é un relixioso galeguista.
Traxectoria Ten o graduado social como ATS pola Universidade de Santiago de Compostela, a diplomatura en Xerontoloxía Social pola Universidade Complutense de Madrid e é licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria, pola Universidade Camillianum de Roma dende 2005.
É membro do consello de redacción da revista Encrucillada así como membro ordinario da AELG. Traballou de enfermeiro en Fene e de capelán de Residencia de Anciáns. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa Mons. Araúxo.
Obra Ensaio A viuvez na Pastoral da Saúde, 2007. Paulino, un médico solidario.
Obras colectivas Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, 2010.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Galegos.info Artigos de Campo Freire, en GaliciaDixital.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Narón Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes