Begoña Muñoz Saa, nada en Barakaldo en 1961 e finada en Ourense o 17 de abril de 2010, foi unha profesora e autora teatral galega.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora de Lingua Galega e Literatura e de Iniciación á Arte Dramática no IES Otero Pedrayo de Ourense.
Foi coautora, con Xosé Carlos Couceiro, Ánxeles Cuña e Fernando Dacosta, das obras Afección, Tics e Os soños de Caín representadas pola compañía Sarabela Teatro. Foi co-adaptadora de Xacobe ou a submisión, de Eugène Ionesco; Madame de Sade, de Yukio Mishima; As sillas, de Ionesco; Cama dous por dous para dous (Talem), de Sergi Belbel; A esmorga, a partir da novela homónima de Eduardo Blanco Amor; O lapis de carpinteiro, segundo a novela de Manuel Rivas; e Sexismunda, adaptación de La vida es sueño de Calderón de la Barca, tamén representadas por Sarabela Teatro.
Finou en Orense o 17 de abril de 2010.La Voz de Galicia, Ourense, 19-4-2010, p. 12 Galardóns Premio Compostela de Teatro pola adaptación de Madame de Sade de Mishima (1990). Premio Compostela de Teatro pola adaptación de As sillas de Ionesco (1992). Premio ao mellor texto por Tics no Festival Internacional de Teatro para la Infancia y la Juventud (FETEN) de Xixón (1997). Premio María Casares á mellor adaptación por O lapis do carpinteiro (2001). Premio María Casares á mellor adaptación por Sexismunda (2002). Premio María Casares á mellor adaptación por A esmorga (2010). Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en Historia das nosas mulleres ourensás
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria
Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Premios María Casares Categoría:Nados en Barakaldo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Finados en 2010