Ricardo García Martínez, coñecido como Cuca, nado en Sama (Langreu) o 23 de decembro de 1914 e finado o 10 de xullo de 1971, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria Na tempada 1935–36 xogou co Racing de Santander en Primeira División, club co que descendeu a Segunda División na campaña 1939–40, pasada a Guerra Civil. Durante a súa estadía no club cántabro participou en 34 encontros e anotou 12 goles.
Na tempada 1941–42 foi contratado polo Deportivo da Coruña, onde xogou dúas tempadas na máxima categoría participando en 44 partidos e anotando 4 goles. Así, na tempada 1943–44, fichou polo Real Madrid CF, club no que estivo tan só unha campaña e onde xogou 8 partidos e anotou un gol.
Na tempada 1945–46 fichou polo Sporting de Gijón, onde xogou dúas campañas. Na tempada 1949–50 foi xogador do Real Oviedo, descendendo ao final da campaña á Segunda División.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en cerocero.es
Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Nados en Langreu Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Real Oviedo