Manuel Antelo Pazos, nado en Irroa (Vimianzo) o 1 de outubro de 1965, é un profesor e político galego vinculado durante anos ao Bloque Nacionalista Galego.
Traxectoria
1983 - 2016: Etapa no BNG Militou no BNG desde 1983, sendo membro de ERGA entre 1983 e 1988, da que foi o último secretario xeral. En 1988 foi un dos fundadores de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, da que foi secretario portavoz entre 1990 e 1992.
Foi responsable comarcal do BNG na Costa da Morte no período de 1993 a 1995. Foi membro do Consello Nacional do BNG entre 1993 e 1995 e tamén o o foi dende o ano 2002.
Elixido concelleiro en Vimianzo tralas eleccións de 1999 e 2003, en 2007 encabezou a candidatura nacionalista e foi o portavoz municipal na oposición.
No verán de 2009 tomou posesión como membro do consello de administración da Corporación de Radio e Televisión de Galicia a proposta do BNG, consello do que sería nomeado presidente en marzo de 2011.
Nas eleccións municipais de 2011 logrou sela forza máis votada e foi elixido alcalde mediante un pacto de goberno co PSdeG-PSOE. Durante esta etapa sería, asemade, secretario de "acción municipal" do BNG. O pacto cos socialistas rachou en outubro de 2011El PSOE de Vimianzo reprocha al alcalde haber incumplido el pacto, e en marzo de 2013 os grupos da oposición presentaron unha moción de censura contra el. Porén, ó expulsar o PSdeG aos edís que a promoveran a moción non chegou a debatirseLa moción de censura en Vimianzo se frustra porque los promotores no la tramitaron conforme a la ley. Tralas municipais de 2015 obtivo a maioría absoluta e volveu ser elixido alcalde.
Dende 2016 : Abandono do BNG e integración en En Marea miniatura|dereita|180px|Manuel Antelo. En abril de 2016 anunciou o seu abandono do BNG xunto co de todo o grupo municipal pasando a formar parte do grupo municipal dos non adscritos e anunciou a creación dunha nova formación política chamada Foro Galego.
O 30 de xullo de 2016 participou en Vigo na reunión de En Marea destinada a lanzar o proxecto cara ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2016. Do encontro saíu a coordinadora presidida polo histórico líder nacionalista Xosé Manuel Beiras e na que Antelo é un dos 11 membros.
Concorreu ás eleccións municipais de 2019 coa formación Adiante Vimianzo e perdeu a alcaldía, tras ser derrotado pola candidata do PSdeG Mónica Rodríguez Ordóñez.Concello de Vimianzo na FEGAMP. En xuño de 2021 renunciou á súa acta de concelleiroManuel Antelo, exalcalde de Vimianzo, dimite de concejal. En setembro de 2022 Adiante Vimianzo regresou ao BNGAdiante Vimianzo y BNG concurrirán en una única lista a las elecciones municipales.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vimianzo
Categoría:Alcaldes de Vimianzo Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1965 Categoría:Secretarios xerais de Galiza Nova