miniatura|Vista do Bund dende a torre Jing Mao. Xangai, ás veces escrito como Shanghai,"Shanghai" en Sanmartín, G. (coord.) et al. (2012) Criterios para o uso da lingua p. 117. UDC. ISBN 978-84-9749-504-2."Shanghai" en , é unha das maiores cidades da República Popular da China, p. 395. e do mundo por poboación. É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro, e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo. Está situada no litoral do océano Pacífico, na boca do delta do Yangtzé, a beira dun brazo deste, o río Huangpu.
Localizada no delta do río Yangtzé na China oriental, Shanghai sitúase na boca do río Yangtzé na parte media da costa chinesa. O concello fai fronteira coas provincias de Jiangsu e Zhejiang polo norte, sur e oeste, e polo leste limita co mar da China Oriental.
Durante séculos, foi unha vila administrativa, de pesca e de comercio. A súa importancia medrou no século XIX debido ó recoñecemento europeo do seu potencial económico e da localización estratéxica do seu porto. A cidade foi aberta en numerosas ocasións ó comercio cos estranxeiros após a vitoria británica na Primeira Guerra do Opio e o subsecuente Tratado de Nanjing de 1842, que permitiu o establecemento da "Concesión Internacional de Shanghai". A cidade floreceu como centro do comercio entre oriente e occidente, e converteuse o indiscutible motor financeiro da Asia do pacífico durante os anos 1930. Porén, coa chegada ó poder do Partido Comunista en 1949, o comercio foi reorientado cara aos países socialistas, e a influencia global da cidade minguou. Na década de 1990, as reformas económicas introducidas por Deng Xiaoping produciron un intenso crecemento da cidade, que permitiu o retorno de investimentos foráneos á cidade.
Shanghai é un popular destino turístico, famoso polo seu patrimonio histórico como o Bund, o Templo Cidade de Deus e o Xardín Yu, así como a arquitectura de Lujiazui, o Museo de Shanghai e o Museo de Arte da China. Foi descrita como a "obra mestra" da puxante economía da China.
Política Administrativamente, o municipio de Shanghai é un dos catro na China que ten estatuto de provincia. É gobernada directamente dende o executivo estatal.
Historia
Antigüidade A parte occidental da actual Shanghai estivo habitada xa fai 6000 anos. Durante o período das primaveras e outonos (aproximadamente 771 a 476 a.C.), pertenceu ao reino de Wu, que foi conquistado polo reino de Yue , que á súa vez foi conquistada polo reino de Chou. Durante o período dos Reinos Combatentes (475 a. C.), Shanghai formou parte do feudo de Huang Xie (máis coñecido por Lord Chunshen) da dinastía Chou, un dos Catro Señores dos Estados Combatentes. El foi o que ordenou a escavación do río Huangpu, cuxo nome antigo e poético, río Chunshen, deu a Shanghai o sobrenome de "Shēn". Os pescadores que vivían na zona de Shanghai crearon entón un utensilio de bambú para pescar chamado hù, que deu nome á desembocadura do arroio Suzhou, ao norte da Cidade Vella e converteuse en alcume común e abreviatura da cidade.
Historia imperial Durante as dinastías Tang e Song, a cidade de Qinglong () no actual distrito de Qingpu era un importante porto comercial. Fundada no ano 746 (quinto ano da era Tang Tianbao), desenvolveuse no que historicamente deu en chamarse a "cidade xigante do sueste", con trece templos e sete pagodes. Mi Fu, erudito e artista da dinastía Song, foi o seu prefecto. O porto experimentou un próspero comercio coas provincias ao longo do río Yangtzé e a costa chinesa, así como con países estranxeiros como o Xapón e Silla.. miniatura|upright|Pagode da praza de Songjiang, construído no século XI Ó final da dinastía Song, o centro do comercio trasladouse río abaixo do río Wusong ata Shanghai. En 1074 pasou de aldea a cidade de mercado, e en 1172 construíuse un segundo muro para estabilizar a costa do océano, complementando un dique anterior.Danielson, Eric N., Shanghai and the Yangzi Delta, 2004, p.9. Desde a dinastía Yuan en 1292 ata que Shanghai converteuse oficialmente nun municipio en 1927, o centro da cidade foi administrado como un condado baixo a prefectura de Songjiang, que tiña a súa sede no actual distrito de Songjiang.Danielson, Eric N., Shanghai and the Yangzi Delta, 2004, p.9, pp.11–12, p.34. miniatura|upright|O Salón Mahavira no templo Zhenru, construído en 1320 Dous acontecementos importantes axudaron a promover o desenvolvemento de Shanghai na dinastía Ming. Un muro da cidade que foi construído por primeira vez en 1554 para protexer a cidade das incursións dos piratas xaponeses. Medía dez metros de altura e cinco quilómetros de circunferencia.Danielson, Eric N., Shanghai and the Yangzi Delta, 2004, p.10. O templo da cidade de Deus foi construído en 1602 durante o reinado de Wanli. Esta honra adoitaba reservarse para as capitais provinciais e normalmente non se daba a unha mera sede de condado como Shanghai. Os estudosos teorizaron que isto probablemente reflectía a importancia económica da cidade, en oposición ó seu baixo status político. miniatura|upright|esquerda|A antiga cidade amurallada de Shanghai no século XVII Durante a dinastía Qing, Shanghai converteuse nun dos portos marítimos máis importantes da rexión do delta do Yangtze como resultado de dous importantes cambios na política do goberno central: en 1684, o emperador Kangxi reverteu a prohibición da dinastía Ming sobre as embarcacións de alta mar, unha prohibición que estaba en vigor desde 1525; e en 1732, o emperador Qianlong trasladou a oficina de aduanas para a provincia de Jiangsu.(江|海|关) desde a capital da prefectura de Songjiang ata Shanghai, e concedeu a Shanghai o control exclusivo sobre as coleccións aduaneiras para o comercio exterior de Jiangsu. Como resultado destas dúas decisións críticas, Shanghai converteuse no principal porto comercial de toda a rexión inferior do Yangtze en 1735, a pesar de estar aínda no nivel administrativo máis baixo da xerarquía política.Danielson, Eric N., Shanghai and the Yangtze Delta, 2004, pp.10–11.
Auxe e idade de ouro miniatura|upright|Un mapa de Xangai de 1884; A área chinesa está en amarelo, a francesa en vermello, a británica en azul e a estadounidense en laranxa. |alt= No século XIX, a atención internacional a Shanghai creceu debido ao recoñecemento europeo do seu potencial económico e comercial no Yangtze. Durante a primeira guerra do opio (1839-1842), as forzas británicas ocuparon a cidadeRait, Robert S. (1903). The Life and Campaigns of Hugh, First Viscount Gough, Field-Marshal . Volume 1. p. 267–268 A guerra rematou en 1842 co tratado de Nanquín, que abriu a Shanghai como un dos cinco portos abertos para o comercio internacional. Os tratados de Bogue, de Wanghia e de Whampoa (asinados en 1843, 1844 e 1844, respectivamente) obrigaron aos chineses a conceder os desexos europeos e americanos de visitas e comercio en chan chinés. O Reino Unido, Francia e os Estados Unidos de América estableceron unha presenza fóra da cidade amurallada de Shanghai, que permaneceu baixo a administración directa dos chineses.
A Cidade Vella de Shanghai, controlada polos chineses, caeu en mans dos rebeldes da Sociedade das Espadas Pequenas en 1853, pero foi recuperada polo goberno Qing en febreiro de 1855.Scarne, John. Twelve years in China . Edinburgh: Constable, 1860: 187–209. En 1854, o Consello Municipal de Shanghai foi creado para xestionar os asentamentos estranxeiros. Entre 1860 e 1862, os rebeldes de Taiping atacaron dúas veces Shanghai e destruíron os suburbios do leste e do sur, pero non logrou tomar a cidadeWilliams, S. Wells. The Middle Kingdom: A Survey of the Geography, Government, Literature, Social Life, Arts, and History of the Chinese Empire and its Inhabitants, Vol. 1, p. 107. Scribner (Nova York), 1904. En 1863, o asentamento británico ao sur de Suzhou Creek (ao norte do Distrito de Huangpu) e o asentamento americano ao norte (ao sur do Distrito de Hongkou) uníronse para formar o Asentamento Internacional de Shanghai. Os franceses optaron por non participar no Consello Municipal de Shanghai e mantiveron a a súa propia concesión no sur e no suroeste. miniatura|esquerda|upright|O desmantelamento das murallas da Cidade Vella, 1911|alt= A primeira guerra sino-xaponesa concluíu co tratado de Shimonoseki de 1895, que elevou o Xapón a converterse nunha potencia estranxeira en Shanghai. Xapón construíu as primeiras fábricas en Shanghai, que pronto foron copiadas por outras potencias estranxeiras. Toda esta actividade internacional deulle a Shanghai o alcume de "a Gran Atenas de China".Gordon Cumming, C. F. (Constance Frederica), "The inventor of the numeral-type for China by the use of which illiterate Chinese both blind and sighted can very quickly be taught to read and write fluently", Londres: Downey, 1899, archive.org En 1914, as murallas da Cidade Vella foron desmanteladas porque bloqueaban a expansión da cidade. En xullo de 1921, o Partido Comunista Chinés foi fundado na Concesión Francesa. O 30 de maio de 1925 estalou o Movemento 30 de Maio cando un obreiro dunha fábrica de algodón de propiedade xaponesa foi asasinado a tiros por un capataz xaponés.Ku, Hung-Ting (1979). Urban Mass Movement: The May Thirtieth Movement in Shanghai. Modern Asian Studies, Vol.13, No.2. pp.197–216 Os traballadores da cidade fixeron entón folgas xerais contra o imperialismo, que se converteron en protestas a nivel nacional que deron lugar ao nacionalismo chinés.
A idade de ouro de Shanghai comezou coa súa elevación ao status de municipio despois de que fose separada de Jiangsu o 7 de xullo de 1927. Este novo municipio chinés cubría unha superficie de 494.69 km2, incluíndo os modernos distritos de Baoshan, Yangpu, Zhabei, Nanshi e Pudong , pero excluíu os territorios de concesións estranxeiras. Dirixido por un alcalde e Consello municipal chinés , a primeira tarefa do novo goberno da cidade foi crear un novo centro na cidade de Jiangwan, no distrito de Yangpu, fóra dos límites das concesións estranxeiras. O plan incluía un museo público, unha biblioteca, un estadio deportivo e unha prefectura , que foron parcialmente construídos antes de ser interrompidos pola invasión xaponesaDanielson, Eric N., Shanghai and the Yangzi Delta, 2004, p. 34. Na década de 1920, a música shidaiqu converteuse nunha nova forma de entretemento e popularizouse en Shanghai.
A cidade floreceu, converténdose no principal centro comercial e financeiro da rexión Asia-Pacífico na década de 1930. Durante as décadas seguintes, cidadáns de moitos países e de todos os continentes chegaron a Shanghai para vivir e traballar; os que permaneceron por longos períodos, algúns durante xeracións, chamábanse "shanghailanders ".Shanghai: Paradise for adventurers. CBC – TV. Legendary Sin Cities. Nas décadas de 1920 e 1930, case 20.000 rusos brancos fuxiron da recentemente creada Unión Soviética para residir en Shanghai. Estes rusos de Xangai constituían a segunda comunidade estranxeira máis grande. En 1932, Shanghai converteuse na quinta cidade máis grande do mundo e fogar de 70.000 estranxeiros."All About Shanghai. Chapter 4 – Population ". Tales of Old Shanghai. Na década de 1930 chegaron á cidade uns 30.000 refuxiados xudeus procedentes de Europa."Shanghai Sanctuary ". Time. 31 de xullo de 2008.
Invasión xaponesa miniatura|upright|O districto Zhabei en chamas, 1937|alt= miniatura|upright|Estudantes xudeus refuxiados en Shanghai