A historia de Lugo abrangue a historia da cidade de Lugo, o asentamento urbano máis antigo de Galicia. Arredor do ano 25 a. C, Caio Antistio Veto, legado de Octavio Augusto na Tarraconense ao mando das tropas romanas que loitaban nas Guerras Cántabras, establece na área do que hoxe é Lugo un campamento militar. Posteriormente, en nome do emperador, Paulo Fabio MáximoO profesor da Área de Historia Antiga da USC Manuel Villanueva Acuña considera complicada que a fundación de Lugo fose obra de Paulo Fabio Máximo, pois para esas datas hai evidencia epigráfica da súa estancia nos territorios do Oriente romano, polo que entende “que se debe abandonar toda tentativa de vencellar a Paulo Fabio Máximo cunha suposta presenza no noroeste e en Lugo antes de súa etapa de gobernador nos anos 3-2 a. C." funda " Lucus Augusti " sobre este campamento (algunhas voces sosteñen que a nova cidade asentouse tamén sobre a antiga localización dun castro galaicoJoaquín Caridad Arias El Castro del Dios Lugo ). A partir do ano 50 asístese á expansión da cidade co asentamento de galaicos dos castros próximos. Posteriormente a cidade convértese nun importante núcleo urbano, representativo da cultura e do modo de vida romano.

Dende a chegada dos suevos a Galicia alternáronse na cidade ciclos de decadencia e rexurdimento. No ano 585 o Reino de Galicia pasa a mans visigodas, perdendo Lugo a súa condición de sé metropolitana por mor da fin da división de Galicia en dúas provincias. Iníciase así un período de decadencia que se vería acentuado pola invasión musulmá de principios do século VIII.

Entre os séculos XI e XIII, coma outras cidades do Camiño Xacobeo, foi protagonista duna serie de revoltas populares contra o poder feudal. En Lugo esta rebelión sería contra o bispo, quen compartía a súa potestas co Cabido. A comezos do século XIII, os burgueses de Lugo comezaron a desafiar, coma nunca antes fixeran, esta potestade xurisdicional.

A principios do século XVI, a pesar de ser nomeada capital do Reino de Galicia por Carlos I, Lugo iniciou un longo declive. Esta etapa prolongouse até finais do século XVII, mentres que Santiago de Compostela cobraba protagonismo. No século XVIII comeza un novo ascenso económico e cultural da cidade, converténdose na gran capital agraria de Galicia. As feiras de San Froilán cobran unha extraordinaria importancia económica, abastecendo de gando cabalar e mular a León e Castela; importancia que se reforzou coa chegada do ferrocarril en 1875 e que fixo de Lugo o maior mercado gandeiro de vacún de toda a península.

Prehistoria

Diversas zonas do contorno da cidade estiveron habitadas dende idades moi antigas, por mor quizais das condicións hidrolóxicas e edafolóxicas favorables para a explotación do terreo.

Entre os restos máis destacables achados na zona están un pico ou biface do Paleolítico inferior atopado en Silvarrei ou unhas pezas de sílex preto da actual Porta de San Pedro. Mais sobre todo, o conxunto prehistórico máis importante é o sitio arqueolóxico de Cova da Valiña en Bolaño, un asentamento de cazadores-recolectores entre o Paleolítico medio e o superior (ao redor do 30.000 a. C.).

Moito máis numerosos son os restos da etapa megalítica, coma necrópoles de túmulos megalíticos, que demostran que no contorno da cidade houbo unha ocupación humana numerosa e activa. Entre os exemplos máis destacados están os conxuntos de mámoas de Santo Matías, As Arieiras e Piúgos, ou os grupos do val de Mera, Orbazai e Adai onde hai hoxe unha cámara dolménica visible. Todos estes (e outros moitos atopados coma por exemplo en Parada ou Bonxe) están datados entre o 3200 e o 1800 a. C. Tamén se encadran no período precastrexo algúns achados, escasos, da Idade de Bronce, coma o vaso cerámico de Martul, aínda que non se deron vencellado a ningún asentamento en concreto. Á mesma época é probable que tamén pertenzan algúns gravados rupestres atopados no monte do Castrillón de Adai, que hoxe comparten lugar con marcas feitas na Idade Media ou máis modernas.

Cultura castrexa

No ano 2017 atopáronse na rúa dos Cregos restos de vivendas castrexas, constituíndo o primeiro indicio que fai plausible a idea de que a cidade romana puido levantarse parcialmente enriba dun castro. Este achado hai que sumalo a outro feito dez anos antes, no 2007, cando no barrio da Piringalla se atoparon os restos doutro castro, aínda que neste caso localizábase lonxe do casco antigo de cidade. Convén indicar que tradicionalmente coidábase improbable a existencia dun castro baixo o centro da cidade de Lugo.Historia de Lugo. Felipe Arias Vilas e VV.AA. El Progreso de Lugo S.L.

Tanto na área actual da cidade coma no val que esta ocupa existiu un denso poboamento castrexo,A. Rordíguez Colmenero Qd., Lucus Augusti, 1: El amanecer de una ciudad (Catalogación arqueológica y artística de Galicia del Museo de Pontevedra. Fundación Barrié de la Maza), A Coruña, 1996. sobre todo nas zonas montañosas (e agás no noroeste e sueste deste val). Densidade de poboamento propiciada presuntamente pola explotación dos seus recursos, polo que se podería adxudicar a algúns dos pobos que cita Plinio na listaxe de populi desta zona da Gallaecia. Así, aínda que tempo despois a zona fose chamada polos propios romanos coma Conventus lucensis, de Lucus, considerouse que no lugar da cidade habitasen os caporos, lindando polo oeste cos supertamarcos, ao norte cos egobarros e ao sur cos cibarcos. É difícil saber, debido aos datos difusos, se esta densidade de poboamentos foi unha das causas que motivou aos romanos fundar aí Lucus Augusti.

Idade Antiga

miniatura|dereita|150px|Estela funeraria atopada en Crecente cunha inscrición latina que di: «Aquí xace Apana, filla de Ambolo, céltica supertamárica, de Miobre, que morreu aos 25 anos. O seu irmán Apano mandou facer». Alto Imperio Orixe de Lucus Augusti

Existen dúas teorías contrapostas sobre a orixe de Lucus Augusti:

A primeira, a única ata data recente, fala da fundación de Lugo sobre o campamento que Caio Antistio Veto, o xeneral romano que dirixía as tropas que participaban nas Guerras Cántabras (debido á ausencia por enfermidade do emperador Augusto) procedentes de Lusitania, estableceu na zona da actual Lugo. Neste campamento, base do que sería Lucus Augusti,Galicia pueblo a pueblo. Andrés Procedo Ledo. Xunta de Galicia. crearía unha cecaAs moedas carecen de indicación de ceca polo que houbo autores como Borrell ou Mersan que atribuíron as cuñaxes a outras cecas da Península Ibérica, con todo esa é hoxe unha opinión minoritaria. para cuñar moeda provincial romana de bronce para pagar á media lexión (cinco cohortes) que tiña ao seu mando.

Por outra banda, outras investigacións apuntan cara a unha orixe relixiosa ou simbólica, o que coincidiría coa explicación etimolóxica do nome indíxena, por canto o termo "Lucus" semella proceder dunha raíz "Luc-", "Lug-" ou "Llug-", coincidente co nome de "Lugh", unha divindade céltica relacionada coa luz e con todo o que brilla. Ademais, en dous lugares lucenses (Sinoga-Rábade) e (Liñarán-Sober) aparecen deuses co apelativo Lugobes, Lucoubus e semellantes. Outra teoría sobre a etimoloxía do topónimo fala sobre que os romanos formaron un "Lucus" (do latín: claro na fraga ou bosque sagrado), sendo o sitio un lugar sagrado de reunión para as poboación derredor.

Esta tese refórzaa o feito de que, nuns momentos onde a difusión do culto imperial era case tan importante coma as campañas militares, un lugar destas características sería idóneo para instalar nel unha cidade adicada a Augusto. O nome da cidade recibiría o título de Augusti a xeito de propaganda, para asimilarse á tradición indíxena.

Porén, a teoría que máis forza está a gañar nos últimos anos é a do campamento militar. E, en calquera caso, a elección da localización da nova capital conventual (considerando a inexistencia de cidades previas ás romanas en todo o noroeste) cumpría perfectamente as súas necesidades ao ser accesible para tódolos pobos que pertencían ao conventus, estar ben comunicada, contar con augas termais e contar cun río navegable ata o Sil.

Fundación de Lucus Augusti

En calquera caso, pouco despois (entre o 15 a. C. e o 13 a. C.) Paulo Fabio Máximo, legado do emperador Octavio Augusto que participaba na organización política do noroeste da Península Ibérica, funda nas coordenadas tolemaicas de 7º25' - 44º25') a cidade de Lucus Augusti. Deste xeito consagrábase o pacto sagrado, Sacramentum, entre Augusto e os habitantes da Gallaecia polos que estes manteríanse leais e en paz constante, habitando as cidades e campamentos romanos. Para selar este pacto sagrado, un dos catro que Augusto estableceu cos pobos do limes do Imperio, Augusto mandaría acuñar entre o 12 a. C. e o 14 d. C. unha serie de moedas conmemorativas.H. Vázquez Dovale Lucus Augusti. La Ciudad Sagrada de Augusto Para poboala, Paulo Fabio Máximo, licenciou aos soldados de maior idade dándolles terras para cultivar e substituíndoos con soldados galaicos.

Consérvanse hoxe tres monólitos fundacionais da cidade, crese que falta un por atopar xa que, segundo o rito fundacional, debería haber catro.

Desenvolvemento de Lucus Augusti durante o Alto Imperio Dende a fundación da urbs de Lucus non se dispoñen moitos datos da súa evolución inicial, con todo suponse que comezou a medrar pouco a pouco.

A súa posible orixe non militar non representaría ningún atranco da cara á importancia que foi adquirindo case desde o seu comezo tanto dende a perspectiva político-administrativa (coma capital do convento xurídico do noroeste hispánico, o Conventus lucensis) coma económico (control da explotación e distribución das riquezas auríferas do país galaico, centro comercial agrario, punto de saída das tres vías cara a Brigantium, Iria Flavia e Dactonium e lugar de parada da que ía dende Bracara a Asturica Augusta) e mesmo militar, coma evidencia a muralla que se levantaría durante o século III.

miniatura|Placa no chan na Praza Maior de Lugo. Lucus Augusti foi un importante nó de comunicacións debido ás súa situación central entre os principais núcleos da Gallaecia, ademais de estar entre a costa e as zonas do interior, explotadas coma minas (un dos principais motivos da conquista pola súa significación económica). Así, por Lucus, xa dende un comezo, pasarían as vías romanas XIX e XX, a medio camiño entre Asturica Augusta (Astorga) e Bracara Augusta (Braga), as outras dúas capitais dos conventos galaicos. Estas vías tamén conectarían con Iria Flavia (a XX) e con Brigantium (a XIX). Das entradas á cidade (construída xa a muralla) suponse que había unha (polo sueste), así coma dúas saídas (unha cara ao norte e outra cara ao oeste).

Falando destas vías de comunicación cómpre nomear a Ponte Vella, aínda hoxe en pé, que formou parte da XIX camiño de Bracara Augusta, pasando por Iria Flavia.

No século I constrúese o acueduto que captaba as súas augas nos mananciais que se achaban preto do castro da Pringalla.

Entre 214 e 216 Lugo convértese na capital dunha nova provincia, Hispania Superior, creada por Caracalla xebrando os conventos lucense e bracaranse (o territorio coñecido coma Gallaecia) da Hispania Citerior. En 235 Maximino Tracio reunifica ámbalas dúas provincias.Pablo Ozcáriz Gil, Algunas consideraciones acerca de la provincia Hispania Superior y su administración, Pyrenae, núm.38, vol.2 (2007), ISSN: 0079-8215

Baixo Imperio miniatura|300x300px|Muralla romana de Lugo. miniatura|300px|Mosaico de Dédalo e Pasifae (século III).Cartafol do Museo Provincial de Lugo