Viva o domingo foi un programa de entretemento da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1987-1988 Desenvolvemento Dirixido e presentado por Fidel Fernán botábase nas tardes do domingo como un programa magazine e contedor, no que tiñan cabida actuacións musicais, humorísticas e de maxia, concursos telefónicos, sorteos, entrevistas ou o seguimento do marcador futbolístico. Con público en directo tiña a súa propia orquestra e tamén emitía para os máis novos debuxos animados como A banda de Ovidio ou Kidd Video e series de humor como Cincinnati.
Categoría:Programas de entretemento da TVG