Orosa é un lugar da parroquia de Vilarraso no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 77 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 36 eran homes e 41 eran mulleres.
Toponimia O orónimo Orosa (da voz prerromana *or- ou *oro-), fai referencia a un terreo montañoso.Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 322. Ed. Xerais, Vigo 1992."Oroso", pescuda no Dicionario de dicionarios.
Etnografía Orosa na cultura popular Monte Salgueiro no alto, / A Castellana tamén; / chegando ao monte de Orosa / xa se ve pasar o tren. No Monte Salgueiro hai boas mozas, / na Castellana a flor delas, / e ao pasar o monte de Orosa / caravillas prás cancelas.
Celebracións Festas patronais na honra de San Xusto, o 31 de maio.
Lugares e parroquias Lugares de Vilarraso
Parroquias de Aranga
Notas
Categoría:Lugares de Aranga Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía