Miguel García Martín, coñecido como Miché, nado en Salamanca o 19 de maio de 1935 e finado na mesma cidade o 22 de marzo de 2014, foi un futbolista español. Xogaba de defensa.
Traxectoria Iniciouse na tempada 1958–59 no Real Madrid, club que co conseguiu unha Liga española, dúas Copas de Europa e unha Copa Intercontinental. Na tempada 1961–62 xogou no CA Osasuna, cedido polo Real Madrid despois dos traspasos de Ignacio Zoco e Félix Ruiz.
Na tempada 1962–63 chegou cedido ao Deportivo da Coruña, dentro da operación pola cal o Deportivo traspasou a Amancio ao Real Madrid, a cambio de 12 millóns de pesetas e as cesións de Antonio Ruiz, Betancort e o propio Miché. Co Deportivo acabou descendendo a Segunda División ese ano. Na tempada 1963–64 foi contratado polo Real Valladolid, descendendo novamente a final da tempada. Na campaña 1964–65 foi xogador do Hércules CF, con quen sumou un novo descenso a Segunda División.
Faleceu en marzo de 2014, aos 78 anos.
Palmarés Real Madrid Liga de España: 1960–61 Copa de Europa: 1958–59, 1959–60 Copa Intercontinental: 1960–61
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en footballdatabase.eu
Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en Salamanca Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Hércules CF