Hugo Ferdinand Boss, nado en Metzingen o 8 de xullo de 1885 e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1948, foi un deseñador de moda alemán, fundador da casa de modas Hugo Boss AG.

Durante o terceiro trimestre de 1933, Boss deseñou os uniformes negros para as SS de Heinrich Himmler, substituíndo as camisas pardas da SA. Tamén deseñou os uniformes das Xuventudes Hitlerianas.

Categoría:Deseñadores de moda de Alemaña Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1948