Manuel Alepuz Andrés, nado en Burjassot (Valencia) o 7 de outubro de 1917 e finado en Valencia o 13 de agosto de 2008, foi un futbolista español. Xogaba de defensa.
Traxectoria Na tempada 1940–41 fichou polo Valencia CF, club co que gañou a Copa do Rei esa mesma campaña.
Na tempada 1943–44 foi contratado polo CD Castellón, club no que permaneceu tres campaña, xogando un total de 53 encontros.
Na tempada 1946–47 fichou polo Deportivo da Coruña, co que descendeu esa mesma campaña a Segunda División, tendo un papel secundario. Na tempada 1947–48 logrou a titularidade da man do adestrador Luis Urquiri. Alepuz foi un habitual da defensa, xunto co vigués Antonio García, Alfredo Llana e o coruñés Pedrito. Nesta campaña participou en 24 partidos e o equipo coruñés logrou o ascenso a Primeira División como segundo clasificado, detrás do Real Valladolid.
Na tempada 1948–49 fichou polo Levante UD, de Segunda División, onde permaneceu dúas campañas.
Faleceu o 13 de agosto de 2008, aos 90 anos."Fallece Manuel Alepuz André, historia del fútbol valenciano"
Palmarés Valencia Copa do Rei: 1940–41
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados en Burjassot Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Levante UD