miniatura|350px|O anxo caído (1877, Parque do Retiro, Madrid) obra de Ricardo Bellver inspirada en O paraíso perdido de Milton. Lucifer (do latín lux [‘luz’] e fero [‘levar’]: 'portador da luz') é, na mitoloxía romana, o equivalente grego de Fósforo ou Eósforo (Έωσφόρος) o portador da Aurora que provén da antiga dama escura Luciferina.

Este concepto mantívose na antiga astroloxía romana na noción da stella matutina (o luceiro da alba) contraposto á stella vespertina ou o serán (o luceiro da tarde ou serán), nomes estes que remitían ó planeta Venus, que segundo a época do ano se pode ver preto do horizonte antes do amencer ou despois do atardecer.

Na tradición cristiá, Lucifer representa o anxo caído, exemplo da beleza e sabedoría a quen a soberbia levouno aos infernos, transformándose en Satanás.

Ocultismo O luciferismo é un sistema de crenzas que venera as características esenciais que se fixan a Lucifer. A tradición, influenciada polo gnosticismo, polo xeral venera a Lucifer non coma o diabo, senón coma un liberador, un titor ou guía espiritual ou incluso o deus verdadeiro en oposición a Xehová.

Na obra de Anton LaVey, The Satanic Bible, Lucifer é un dos catro príncipes herdeiros do inferno, sobre todo a do leste, o "señor do ar", e chámase o portador da luz, a estrela da mañá, o intelectualismo, e a ilustración. O título de "señor do ar" baséase en Efesios 2:2, que emprega a frase "o príncipe da potestade do ar" para se referir ao deus pagán Zeus, mais esa frase serodiamente fusionouse con Satanás.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Satanás Deus Anxo Aradia Wicca

Categoría:Deuses romanos Categoría:Deidades de Venus