miniatura|esquerda|Rebentos de tirabeques salteados, un prato popular chinés O tirabeque (Pisum sativum var. saccharatum) é unha variedade botánica de ervella caracterizada por que se lle come toda a vaíña ou casula cando aínda está inmatura, e noutras rexións, como na China tamén os rebentos tenros da planta."A Variety of Unique Chinese Vegetables. From Bitter Melon to Silk Squash" , Rhonda Parkinson, The Spruce Eats, 27-06-2019, En inglés chámanse snow pea e snap pea (a variedade coa vaíña arredondada) e en francés (ambas as dúas variedades indistintamente): mangetout e pois gourmand.
É nativa da conca do Mediterráneo e Asia, e adoitan consumirse frescas ao principio da primavera. En Galiza e outras zonas peninsulares, especialmente en Aragón, País Valenciano e Cataluña,"Tirabeques" , Revista Sentir, "Receptes amb tirabecs, els pèsols que es mengen sencers", Toni Massanés, CatRàdio, 1-02-2019, "Olles i verdures", Sal·lus Herrero, País Valencià s. XXI, son verduras coñecidas que se poden cociñar de diversos xeitos, en sopas, fervidas, frixidas etc.
Seméntanse polo outono ou no inverno e a colleita é dende finais do inverno ao comezo da primavera. O nome inglés de snow pea (ervella de neve) refírese ao feito de que se apaña neles cando aínda pode haber neve. A planta nova resiste xeadas de até -4 °C aproximadamente. Hai variedades de emparrar.
Álvaro Cunqueiro falou do tirabeque, dicía que lle sabían a maio.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ervella ou chícharo
Categoría:Legumes Categoría:Plantas rubideiras Categoría:Pisum