Derrick Caracter, nado o 4 de maio de 1988 en Fanwood, Nova Jersey, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 2,06 metros e xogaba nas posicións de ala-pivote e pivote.

Carreira Instituto A súa vida no instituto foi un continuo problema debido á súa indisciplina. Pasou por tres high school diferentes e nunca se interesou polos estudos. Probou a xogar ao fútbol americano e ao béisbol, pero pronto se deu conta de que a súa vida era o baloncesto. A súa actitude pareceu corrixirse cando chegou a Notre Dáme Preparatory School, pero academicamente continuou sendo un desastre.Derrick Caracter, o mozo que só quería xogar na NBA

Universidade Tras acabar a súa etapa de instituto, tivo que consituar os seus estudos e a súa carreira deportiva na NCAA, xa que as normas da NBA non permiten dar o salto a profesionais sen pasar pola universidade, como era a súa pretensión.Can?t-Miss Prospect May Make It After All Chegou aos Cardinals da Universidade de Louisville en 2006, destino elixido por afinidades cun axudante de Rick Pitino, o seu adestrador. Chegou pasado de peso (145 quilos para os seus 2,06 metros de estatura), polo que o adestrador impúxolle un severo réxime e non lle permitiu xogar ata que alcanzase un peso óptimo. Na súa primeira tempada perdeuse 16 partidos por ese motivo, e fixo medias no resto 8,1 puntos e 3,9 rebotes.Estatísticas de Caracter en TDR

Tras unha segunda tempada cos Cardinals onde non melloraron substancialmente as cousas, en 2008 foi transferido aos Miners da Universidade de Texas-El Paso, onde comezou a centrarse máis no seu traballo. Debido ás normas da NCAA tivo que pasarse un ano sen competir, e tras perderse os 5 primeiros partidos da tempada 2009-10, na súa segunda aparición cos Miners conseguiu o cuarto dobre-dobre da súa carreira, tras lograr tres en Louisville, anotando 15 puntos e capturando 15 rebotes ante Alcorn State. O seu partido máis completo da tempada disputouno ante a Universidade de Houston, conseguindo 22 puntos e 13 rebotes. Ao termo da tempada foi incluído no segundo mellor quinteto da Conference USA, e no primeiro equipo do distrito pola NABC.

Estatísticas Tempada Equipo Partidos Min. %TC %TL Pts. Reb. Asts. Rou. Tap. FP 2006-07 Louisville Cardinals 18 13,3 55,8 52,7 8,1 3,9 0,3 0,3 0,4 2,9 2007-08 Louisville Cardinals 35 16,9 55,2 63,0 8,3 4,5 0,5 0,6 0,9 3,1 2009-10 UTEP Miners 27 26,7 56,7 67,2 14,1 8,1 1,1 1 0,9 3,0

Profesional Foi elixido na quincuaxésimo oitava posición do Draft da NBA de 2010 por Los Angeles Lakers,2010 NBA Draft quen, tras verse sorprendidos pola súa grande actuación na liga de Verán de Las Vegas, onde liderou ao seu equipo con 15,4 puntos, 8,6 rebotes 1,4 tapóns e un 59% de acerto nos tiros de campo, fichárono para a tempada 2010-11.Os Lakers atan aos seus rookies, Caracter e Ebanks

O 7 de febreiro de 2012, foi cortado polos Lakers.

Máis tarde xogou en curtos períodos de tempo cos Bakersfield Jam, Rio Grande Valley Vipers e Idaho Stampede. O 22 de abril de 2012, asinou cos Mets de Guaynabo de Porto Rico, e debutou cos 17 puntos e 5 rebotes en 19 minutos de xogo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no condado de Union, Nova Jersey Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Mets de Guaynabo Categoría:Xogadores do Bnei Herzliya Categoría:Xogadores do KK Pieno žvaigždės Categoría:Xogadores do Clube de Regatas do Flamengo (baloncesto) Categoría:Xogadores do Hapoel Ramat Gan BC‎ Categoría:Xogadores dos Capitanes de Arecibo