Blind Pigs, dende hai uns anos coñecida como Porcos Cegos, foi unha banda de punk rock nada en 1993 no condominio de Alphaville na cidade de Barueri (SP) influenciada por Forgotten Boys, Misfits, Ramones e The Clash. A banda publicou 4 álbums, ademais dun ao vivo e un vinilo, entre 1997 e 2004, co nome de Blind Pigs. No 2005 anunciaron que farían unha pausa indeterminada por motivos persoais. No 2006 a banda retorna co disco Heróis ou Rebeldes, con novo nome e músicas só en portugués. Deron o seu último concerto en decembro de 2008.
En 2013 a banda volveu usar o seu nome orixinal, ata 2016 cando, tras a morte do guitarrista Fabiano e porque sentían que estaban atrapados nun estilo musical, decidiron romper de novo. A pesar diso, en 2021 lanzarán outro disco, Lights Out.
Premios Mellor lanzamento por Blind Pigs outorgado por Punk International no 2002. Mellor banda punk nos Punknet Awards no 2004.
Discografía São Paulo Chaos — 1997 Grita! Records (EUA), Alfa Music (Japão) e Paradoxx Music (Brasil), 2001 Sweet Fury Records (segunda tirada) The Punks Are Alright — 2000 Sweet Fury Records, 2003 Amanecer Records (Perú) Süsse Wut — 2002 (vinilo de 500 copias vermello, 500 copias negro) Höhnie Records e Dirty Faces (Alemaña) Blind Pigs — 2002 e 2005 (a segunda tirada ten 5 faixas bonus) Sweet Fury Records Suor, Cerveja e Sangue (ao vivo) — 2004 Sweet Fury Records Porcos Cegos — 2004 Sweet Fury Records Heróis ou Rebeldes — 2006 Sweet Fury Records Capitânia — 2013 Sweet Fury Records/Zona Punk Records (Brasil), Pirates Press Records (EUA) Lights Out — 2021 HBB Records, Neves Records (Brasil), Detona Records (Brasil)
Videoclips Conformismo e Resistência, 2000 Amanhã Não Vai Mudar, 2002 O Idiota, 2003 Legião de Inconformados, 2004 Heróis ou Rebeldes, 2008 União, 2013 Cinco Cadeados, 2013 Sentinela dos Mares, 2013 Antro de Trastes, 2014 Linha de Frente, 2015
Videografía Participan no documental The Punks Are Alright: A Punk Safari From The First World To The Third canda Forgotten Rebels e Superman is Dead.
Cousas O nome Blind Pigs, posteriormente Porcos Cegos, é unha referencia a un bar de Ann Arbor, MI (EUA) no que o pai de Henrike acostumaba asistir a shows punk. O seu primeiro álbum, São Paulo Chaos foi producido por Jay Ziskrout, ex-batería de Bad Religion e dono da Grita! Records. Abriron concertos para bandas como Dead Kennedys e NOFX no Brasil. Pablo, guitarrista da banda durante o disco Blind Pigs (2002), hoxe é roadie da banda CPM22 e guitarrista da banda Medellin.
Categoría:Grupos musicais do Brasil