4:13 Dream é un álbum da banda inglesa The Cure, editado o 27 de outubro do 2008 polo selo Geffen Records despois de anunciarse varias datas previas.

Orixinalmente concibiuse como disco dobre e nas sesións de gravación rexistráronse 33 temas, pero finalmente lanzouse como un único disco. Sacáronse catro sinxelos do álbum, pero ningún foi acompañado de vídeos musicais. 4:13 Dream tivo unha recepción desigual por parte da crítica especializada, e a día de hoxe leva vendidas ao redor de 200 000 copias en todo o mundo.

Listaxe de cancións "Underneath the Stars" – 6:17 "The Only One" – 3:57 "The Reasons Why" – 4:35 "Freakshow" – 2:30 "Sirensong" – 2:22 "The Real Snow White" – 4:43 "The Hungry Ghost" – 4:29 "Switch" – 3:44 "The Perfect Boy" – 3:21 "This. Here and Now. With You" – 4:06 "Sleep When I'm Dead" – 3:51 "The Scream" – 4:37 "It's Over" – 4:16

Categoría:Álbums de The Cure Categoría:Álbums musicais de 2008 Categoría:Álbums producidos por Robert Smith Categoría:Álbums de Geffen Records