La Comarca del Eo é unha publicación semanal carácter informativo e cultural de Ribadeo.

Historia e características Fundada por Francisco Lanza co nome de La Comarca. Semanario Popular Independiente, o primeiro número foi editado o 5 de outubro de 1919 reivindicando o obxectivo de 'defender con absoluta independencia de criterio os intereses da comarca astur-galaica". Cando Lanza emigrou a Arxentina en 1929 fixéronse cargo da publicación Ramón Fernández de Soto (director 1929-1959) e Juan Agustín Mejeras (director 1959-1991), quedando desde 1959 este último coa propiedade. En 1989 mercouno El Progreso de Lugo, pasando a imprimirse nos seus talleres e depender totalmente da infraestrutura da empresa 'El Progreso de Lugo S.L.'. Tras ser director Juan Soto Rodríguez (1991-2008), na actualidade (2019) ten como director a Javier Rivera Ponte e unha difusión arredor do milleiro de exemplares.

Entre outras cousas, no semanario publicouse o primeiro eloxio público a Castelao en Galicia tras o estoupido da guerra civil española, nun artigo de Dionisio Gamallo, ou se mantivo a publicación semanal dos datos meteorolóxicos da estación situada na actual 'Granxa-Escola Pedro Murias'

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Grupo El Progreso Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo Ligazóns externas

Ficha de La Comarca del Eo na hemeroteca dixital da biblioteca Nacional de España Ficha (e acceso a algúns números) en Galiciana

Categoría:Prensa escrita de Ribadeo Categoría:Grupo El Progreso Categoría:1919 en Galicia