Tourón é un lugar da parroquia de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 184 habitantes (76 homes e 108 mulleres).

Localización A vila é atravesada pola PO-532. Basicamente son dúas rúas amplas: a antiga estrada e a actual que se separan e volven a xuntarse nos extremos do poboamento. Dista doce quilómetros de Pontevedra

Patrimonio Os petróglifos de Tourón son o principal atractivo turístico. Conta cun museo, e ofrécense visitas guiadas polos 150 000 metros cadrados de extensión da área de gravados. A igrexa de Santa María de Tourón, do século XII (con fachada do século XVIII) é outro lugar destacado.

Destaca tamén o Pazo de Pombal, construído no 1688, no cal residían os comisarios da Inquisición. Actualmente é de propiedade privada.

Lugares e parroquias Lugares de Tourón

Parroquias de Ponte Caldelas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponte Caldelas

Categoría:Lugares de Ponte Caldelas