Pornography é o cuarto álbum da banda inglesa The Cure, editado o 3 de maio de 1982. Gravado co grupo á beira do colapso, representa o final da etapa musical comezada con Seventeen Seconds e Faith. Foi precedido polo sinxelo "Charlotte Sometimes", editado a finais do ano anterior e que non está no disco, e foi producido por Phil Thornalley.

Pornography foi remasterizado e reeditado no ano 2005. Pornography é o último álbum da banda con Lol Tolhurst como batería. Converteuse no teclista do grupo e esta é tamén a primeira edición de The Cure na que toca os teclados.

En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 9 da súa lista dos 50 mellores álbums de postpunk.

Listaxe de cancións

2005 "Deluxe Edition" Disco dous: Rarities 1981-1982 "Break" (group home demo) – 2:11 "Demise" (studio demo) – 2:09 "Temptation" (studio demo) – 4:00 "The Figurehead" (studio demo) – 6:12 "The Hanging Garden" (studio demo) – 5:29 "One Hundred Years" (studio demo) – 7:00 "Airlock: The Soundtrack" – 13:07 "Cold" (live) – 3:54 "A Strange Day" (live) – 4:05 "Pornography" (live) – 5:55 "All Mine" (live) – 2:54 "A Short Term Effect" (live) – 4:05 "Siamese Twins" (live) – 6:03 "Temptation Two" – 3:57

Categoría:Álbums de The Cure Categoría:Álbums musicais de 1982 Categoría:Álbums de Fiction Records