Richard Dean Anderson, nado o 23 de xaneiro de 1950 en Minneapolis, é un actor e produtor estadounidense.

Traxectoria Comezou a súa carreira como actor en 1976 como o doutor Jeff Webber na serie General Hospital, protagonizou a serie Seven Brides for Seven Brothers (1982-1983) baseada no filme homónimo pero o seu salto á fama debeuse á serie MacGyver (1985–1992), posteriormente apareceu en filmes, entre eles Through the Eyes of a Killer (1992), Pandora's Clock (1996) e Firehouse (1997).

En 1997 volveu á televisión como o actor protagonista da serie Stargate SG-1, secuela do filme de 1994 Stargate. Interpretou o papel protagonista entre 1997 e 2005 e tivo un papel recorrente entre 2005 e 2007. Desde 1997, o único filme onde Anderson apareceu foi Stargate: Continuum estreado en 2008 como unha secuela de Stargate SG-1 que fora cancelado en 2007. Anderson apareceu nas dúas seguintes series da franquía Stargate Stargate: Atlantis e Stargate: Universe (como o tenente xeneral Jack O'Neill).

Xunto con Michael Greenburg creou a produtora Gekko Film que produciu a maioría das tempadas de Stargate SG-1.

Véxase tamén

Categoría:Actores de Minnesota Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Minneapolis, Minnesota Categoría:Nados en 1950 Categoría:Produtores de televisión