Conrad Son, nado en Barcelona en 1966, é un director e intérprete catalán de cinema porno.

Traxectoria Foi candidato nos festivais de cinema de Berlín, Bruxelas, Cannes e Barcelona ao premio de mellor director cos filme Nikitax (1998), Les excursionistes calentes (1999), X Runners (2000), Khatar (2001) e Kovac (2002). Este último filme, Kovac, acadou 6 candidaturas no Festival Internacional de cinema erótico de Barcelona.

É coñecido pola súa defensa da creación dunha industria pornográfica en lingua catalá.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Conrad Son Entrevista a Conrad Son

Categoría:Directores de cinema porno Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1966