George e Mildred foi unha comedia de situación británica producida por Thames Television que se emitiu entre 1976 e 1979, foi unha secuela de Man About the House e protagonizábana Brian Murphy e Yootha Joyce como o matrimonio, George e Mildred Roper. En Galicia a Televisión de Galicia emitiuna en 1988, con Tuto Vázquez e María Romero Banet interpretando aos protagonistas.
Desenvolvemento A premisa da serie era que os protagonistas deixaban o seu vello apartamento que aparecía en Man About the House, mudándose e unha casa moderna nunha zona selecta, a súa chegada aterra ao seu veciño Jeffrey Forumile, un snob axente da propiedade inmobiliaria que pensa que a súa presenza depreciará o valor da súa casa.
Brian Cooke e Johnnie Mortimer foron os guionistas da serie e dela fíxose un filme, dedicado á actriz protagonista Yootha Joyce morta en 1980, tamén se fixo unha adaptación teatral en 1977, e nos Estados Unidos tamén se fixo a súa propia versión da serie, The Ropers (1979-1980), continuación esta de Three's Company.
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión do Reino Unido Categoría:Series de televisión con versión galega