Hugh Marston Hefner, nado en Chicago o 9 de abril de 1926 e finado o 27 de setembro de 2017 en Beverly Hills (California) foi o fundador e editor-xefe da máis famosa revista erótica do mundo, a Playboy.
Traxectoria Hefner é o fillo máis vello de pais protestantes e conservadores, Glenn e Grace Hefner, e descende de importantes patriarcas puritanos do estado americano de Massachusetts, como William Bradford e John Winthrop.
A primeira edición da revista Playboy, que presentaba o calendario fotográfico de Marilyn Monroe, foi lanzada en decembro de 1953. Hoxe está presente en máis de vinte e oito estados, coas súas propias edicións nacionais no Brasil, o Xapón ou Francia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil de Hugh Hefner na páxina da Playboy Enterprises.
Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Finados en 2017 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa