miniatura|250px|Igrexa en Punta Umbría, obra de Fisac. Miguel Fisac Serna, nado en Daimiel (Cidade Real) o 29 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 12 de maio de 2006Necrolóxica en elpais.com, 5-maio-2006 . foi un arquitecto, urbanista e pintor español.
Traxectoria Fillo dun farmacéutico, a Guerra Civil Española interrompeu os seus estudos de arquitectura en Madrid. Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1942 coa obtención do Premio Superior. Descontento coa arquitectura que se estaba a facer, logrou un estilo persoal, no que os seus edificios incorporaban orixinais solucións estruturais de formigón pretensado e as súas características vigas-óso.
Nos seus comezos, pouco a pouco vaise apartando do racionalismo dos seus mestres, influenciado pola obra do arquitecto norteamericano Frank Lloyd Wright, o neoempirismo do arquitecto Erik Gunnar Asplund e o organicismo nórdico, experimentado na súa viaxe en 1949 a Suecia. Interesoulle tamén a arquitectura popular.
Obras destacadas miniatura|250px|dereita|Edificio IBM en Madrid. Teatro Miguel Fisac de Castilblanco de los Arroyos, Sevilla. Edificio central do CSIC en Madrid. Igrexa do Espírito Santo en Madrid Igrexa en Punta Umbría. Instituto Nacional de Óptica Daza de Valdés en Madrid. Centro de Estudios Hidrográficos en Madrid. Centro de Cálculo da Universidade Complutense de Madrid . Edificio de IBM no Paseo da Castellana de Madrid. Edificio dos Laboratorios Jorba, La Pagoda, en Madrid.
Obra escrita La arquitectura popular española y su valor ante la del futuro. Madrid: Ateneo, 1952. La molécula urbana. Una propuesta para la ciudad del futuro Madrid: Ediciones y Publicaciones Españolas, 1969. Reflexiones sobre mi muerte. Madrid: Nueva Utopía, 2000.
Premios 1942 Premio Superior de Arquitectura de Madrid. 1994 Medalla de Ouro da Arquitectura. 1997 Premio Antonio Camuñas de Arquitectura. 2003 Premio Nacional de Arquitectura de España.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía e proxectos en soloarquitectura.com . Miguel Fisac en epdlp.com .
Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Personalidades do urbanismo Categoría:Nados en Cidade Real Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Premio Nacional de Arquitectura de España Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil