Sinope (ou en grego Σινώπη), é unha lúa de movemento retrogrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Seth Barnes Nicholson dende o Observatorio Lick no ano 1914, e recibiu máis tarde o nome de Sinope, procedente da mitoloxía grega. Sinope non recibiría o seu nome oficial ata o ano 1975, (onde el declinou darlle nome ós satélites recen descubertos (pax. 93–94))IAUC 2846: Satellites of Jupiter outubro de 1974 (nomeando a lúa) antes dese ano era simplemente coñecida coma . Foi chamada ás veces "Hades" entre os anos 1955 a 1975.
Sinope era a lúa máis afastada de Xúpiter, antes de que se descubrirá a Megaclite no ano 2000. Actualmente a lúa máis afastada de Xúpiter é a lúa designada temporalmente coma .
Órbita miniatura|esquerda|300px|Grupo de satélites Pasífae. Sinope orbita Xúpiter nunha órbita retrograda cunha grande excentricidade e tamén cunha grande inclinación. Os seus elementos orbitais foron tomados en xaneiro do ano 2000. Pero estes parámetros están en continuo cambio debido as perturbacións solares e do propio planeta Xúpiter sobre a órbita de Sinope. Normalmente é asignada ó grupo de satélites Pasífae,Sheppard, S. S.; e Jewitt, D. C.; An Abundant Population of Small Irregular Satellites Around Jupiter, Nature, Vol. 423 (Maio do 2003), pax. 261-263 pero dada a inclinación que ten e que a súa cor difire da cor da meirande parte dos membros do grupo, Sinope podería ser un obxecto independente, capturado por separado, e sen ter relación coa colisión e esnaquizamento do obxecto proxenitor do grupo Pasífae.Grav, T.; Holman, M. J.; Gladman, B. J.; e Aksnes, K.; Photometric Survey of the Irregular Satellites, Icarus, Vol. 166 (2003), pax. 33-45 O diagrama ilustra os elementos orbitais de Sinope en relación cos outros satélites do grupo.
Sinope tamén é coñecida por estar nunha resonancia orbital con Xúpiter, de xeito semellante a Pasífae. Pero Sinope pode escapar desta resonancia, tendo períodos de resonancia e non resoantes que abarcan escalas de tempo de 107 anos.
Características físicas Estimouse que o diámetro de Sinope é duns 38 km (asumindo un albedo de 0,04) A lúa é de cor vermella (índices de cor B-V=0,84 V-R=0,46), caso contrario ó de Pasífae que é de cor gris. O seu espectro infravermello é semellante ó dos asteroides tipo D, que difire tamén do espectro de Pasífae, que é semellante ó dos asteroides tipo C. Estas diferenzas nos parámetros físicos suxiren unha orixe diferente respecto dos membros do núcleo do grupo de satélites Pasífae.
Notas
Efemérides IAU-MPC NSES
Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter Pasífae Grupo de satélites Pasífae
Ligazóns externas Sinope Profileby NASA's Solar System Exploration David Jewitt pages Jupiter's Known Satellites (by Scott S. Sheppard)
Categoría:Lúas de Xúpiter