Narbona (en francés: Narbonne, en occitano: Narbona) é unha cidade situada na costa mediterránea francesa, no departamento de Aude, na rexión de Occitania (ata 2014 en Languedoc-Rosellón), ao sur do país.

Historia Os romanos fundárona no ano 118 a.C., baixo o nome de Colonia Narbo Martius. Estaba situada na vía Domitia, o primeiro camiño romano na Galia, que permitía enlazar Italia e España. Narbona era a capital da Narbonense, provincia romana creada na mesma época. Foi ata o fin do Imperio romano unha das cidades máis importantes da Galia cunha superficie de máis de 2 km². No ano 462, Narbona foi integrada ao reino visigodo de Tolosa ata o 718, que foi ocupada polos musulmáns que viñan de España ata o 759. Logo desta data, Narbona quedou definitivamente dentro do reino dos francos.

Administración Narbona é a capital de tres cantóns: O cantón de Narbona Leste, formado por unha parte de Narbona (16.851 habitantes). O cantón de Narbona Oeste, formado por unha parte de Narbona e dos municipios de Bizanet, Canet, Marcorignan, Montredon-des-Corbières, Moussan, Névian, Raissac-d'Aude e por Villedaigne (21.459 habitantes). O cantón de Narbona Sur, formado por unha parte de Narbona e polo municipio de Bages (16.043 habitantes).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Palacio dos arcebispos de Narbona

Ligazóns externas Páxina oficial de Narbona

Categoría:Cidades de Francia Categoría:Concellos do departamento de Aude