O feminismo radical é unha corrente feminista que sostén que a raíz da desigualdade social e económica en todas as sociedades ata agora existentes é o patriarcado, a dominación do varón sobre a muller.Willis, Radical Feminism and Feminist Radicalism, p. 117. Esta perspectiva céntrase nas relacións de poder que se organizan na sociedade, construíndo a supremacía masculina, entre outras cuestións debido ao papel reprodutivo da muller e o varón. Denomínase feminismo radical porque se propón buscar a raíz da dominación.Puleo, Alicia. «Lo personal es político: el surgimiento del feminismo radical». Teoría feminista: de la Ilustración a la Globalización. Amorós, Celia Y de Miguel, Ana (Eds.).

Esta corrente procura unha reorganización da sociedade na cal a supremacía masculina sexa eliminada en todos os contextos sociais e económicos. (Willis 1984, p. 117) As feministas radicais buscan abolir o patriarcado desafiando as normas e institucións sociais existentes, máis que a través dun proceso puramente político. Isto inclúe a eliminación da noción tradicional dos roles de xénero, a oposición da cousificación sexual das mulleres e a sensibilización da poboación sobre cuestións como a violación e a violencia contra a muller.

O feminismo radical temperán, cuxas orixes pódense situar na segunda onda feminista dos 60,(Willis 1984, p. 118) consideraba o patriarcado como un «fenómeno transhistórico»(Willis 1984, p. 122) anterior e máis profundo ca outras fontes de opresión, «non só o xeito máis antigo e máis universal de dominación, senón a forma primaria»(Willis 1984, p. 123) e o modelo para todos os demais. Máis tarde, a política derivada do feminismo radical variou dende o feminismo cultural ata a política máis sincrética que relacionou as cuestións de clase, economía etc. co patriarcado, todas elas fontes de opresión.(Willis 1984, p. 141)

As feministas radicais localizan a raíz da causa da opresión das mulleres nas relacións patriarcais de xénero, en oposición aos sistemas legais (como o feminismo liberal) ou á loita de clases (como no feminismo anarquista, o feminismo socialista e o feminismo marxista).

Movemento

Raíces A ideoloxía do feminismo radical nos Estados Unidos desenvolveuse como unha compoñente do movemento de liberación das mulleres. Este medrou en gran parte debido á influencia do movemento dos dereitos civís que gañou pulo na década de 1960 e moitas das mulleres que tomaran a causa do feminismo radical tiñan experiencia previa en prostestas contra o racismo. Cronoloxicamente, o movemento pode ser visto no contexto da segunda onda do feminismo que comezou a principios da década de 1960.Sarah Gamble, ed. The Routledge companion to feminism and postfeminism (2001) p. 25. As principais figuras e as pioneiras desta segunda onda do feminismo inclúen Shulamith Firestone, Kathie Sarachild, Ti-Grace Atkinson, Carol Hanisch e Judith Brown. Moitos grupos de mulleres locais no final dos anos sesenta, como Women's Liberation Front (WLF) da UCLA, ofreceron declaracións diplomáticas de ideoloxías do feminismo radical. A cofundadora do WLF da UCLA , Devra Weber, lembra: «... as feministas radicais opuxéronse ao patriarcado, mais non necesariamente ao capitalismo. No noso grupo, polo menos, elas opuxéronse ás chamadas loitas de liberación nacional dominadas por varóns».Linden-Ward & Green, p. 418. «O feminismo radical tivo unha grande influencia no movemento das mulleres e xogou un papel importantísimo na formación da política feminista».(Willis 1984, p. xi).miniatura|400px|Manifestación Women's Liberation en Washington, D.C., 1970.|centro

Estas mulleres axudaron a asegura a ponte que traduciu a protesta radical pola igualdade racial á loita polos dereitos das mulleres. Ao presenciaren a discriminación e a opresión á cal estaba sometida a poboación negra, puideron gañar forza e motivación para facer o mesmo polas súas compañeiras. Avogaron pola causa e intercederon por unha variedade dos problemas que tiñan as mulleres, incluíndo o aborto, a Emenda de igualdade de dereitos, o acceso ao creto e ao soldo igualitario.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Willis, Ellen, "Radical Feminism and Feminist Radicalism", 1984, collected in No More Nice Girls: Countercultural Essays, Wesleyan University Press, 1992, ISBN 0-8195-5250-X, pp. 117–150.

Ligazóns externas Redstockings Order original source material by radical feminsts from Redstockings of the Women's Liberation Movement.

Categoría:Escolas feministas