Zabranjeno Pušenje (Prohibido fumar en serbocroata) foi un grupo musical de Saraxevo, intimamente relacionado co movemento cultural do Novo Primitivismo que se deu polos Balcáns e o programa satírico de radio, e logo televisión, Top Lista Nadrealista, do que algúns membros foron partícipes. Foron un dos grupos máis populares de Iugoslavia no anos oitenta.
A banda naceu en 1981 en Saraxevo, ao abeiro do punk rock e do new wave do momento, facendo un garage rock con influencias folk. Gravaron catro álbums até a chegada da Guerra de Bosnia. Logo, a parte do grupo serbia seguiu tocando en Belgrado, inicialmente co mesmo nome, despois baixo o nome de No Smoking Orchestra, e a parte bosníaco-croata seguiu tocando co nome de Zabranjeno Pušenje no Zagreb.
Categoría:Grupos musicais de Iugoslavia