miniatura|dereita|Postura sexual 69 miniatura|dereita|Gravado titulado Le Diable au Corps, 1865. O 69 é unha postura sexual que permite a práctica do sexo oral mutuo de modo simultáneo.

Características Para alcanzar esta postura, normalmente os dous individuos próstranse riba dunha superficie sólida, un sobre o outro. Con todo, no canto de situárense cara a cara, cada un sitúa a súa cabeza fronte aos xenitais do contrario, permitindo dese modo que poidan ser estimulados ao mesmo tempo.

Esta posición é precisamente unha variante na enciclopedia sexual chamada Kama Sutra. Hai variantes, unha delas de pé na que o home asume o esforzo e carga sobre si á muller, quen en posición invertida ao home só será sostida polas súas pernas.

Véxase tamén Bibliografía Gershon Legman. Oral Techniques in Genital Excitation. Nova York, the Julian Press Inc., 1969.

Categoría:Posturas sexuais