A interferometría é unha póla da óptica que aproveita o carácter ondulatorio das ondas electromagnéticas para, combinando dúas ondas e observando o seu patrón de interferencia realizar medidas de moi diverso tipo. Esta van desde a obtención de imaxes melloradas (con maior aumento), ata medidas de temperaturas, distancias, presión, detección de ondas acústicas etc. miniatura|Interferómetro de Michelson Na astronomía (tal como se fai cos telescopios de Keck), emprégase unha téncica interferométrica para combinar os sinais procedentes de dous ou máis telescopios e acadar unha mellor resolución nas medidas realizadas que a que pode obter un telescopio individual.
Esta técnica é a base para os conxuntos (arrays) de radiotelescopios, que espallados sobre superficies de centos de km cadrados poden producir entre todos unha imaxe equivalente á dun telescopio que tivese un diámetro semellante ao da área na que se distribúen.
Emprégase tamén para medir desprazamentos da orde de e distancias inferiores á longura de onda da luz empregada. Un exemplo histórico sonbranceiro do seu uso atópase no interferómetro de Michelson, que permitiu afirmar que a luz na terra posúe a mesma velocidade independentemente da dirección de propagación, coa conseguinte desautorización da teoría do éter; e fornecendo unha proba clave para a invarianza da velocidade da luz, pedra angular da teoría da relatividade.
Véxase tamén
Outros artigos Interferómetro Holografía Óptica Electromagnetismo Astronomía
Ligazóns externas Coda-wave interferometry using seismic waves. Description of astronomical interferometry.