Yeah Yeah Yeahs é un EP da banda estadounidense de indie rock Yeah Yeah Yeahs, editado o 9 de xullo do 2001 polo seu propio selo Shifty. É chamado incorrectamente Master debido a que na súa capa aparece un colar con esa palabra. Acadou o número 1 na UK Indie Chart.
No "Record Store Day 2010" estivo dispoñible unha edición limitada do EP en 12" para celebrar o décimo aniversario da discográfica Wichita Recordings.
Listaxe de cancións "Bang" - 3:07 "Mystery Girl" - 2:57 "Art Star" - 1:59 "Miles Away" - 2:17 "Our Time" - 3:23
Categoría:EPs musicais de 2001