This Station Is Non-Operational é un recompilatorio de grandes éxitos da banda estadounidense de post-hardcore At the Drive-In, editado polo selo Fearless o 24 de maio do 2005, catro anos despois de que a banda se separase. Os seus temas collen a etapa da banda que vai dende o ano 1997 ata o 2000, sacadas dos seus traballos El Gran Orgo, In/Casino/Out, Vaya e Relationship of Command, ademais de conter varios temas menos coñecidos aparecidos en sinxelos ou unha versión non editada anteriormente do tema "This Night Has Opened My Eyes" de The Smiths. O álbum tamén inclúe un DVD cos videoclips de "Metronome Arthritis", "One Armed Scissor" e "Invalid Litter Dept.", ademais de máis contidos multimedia. Converteuse na edición da banda que máis alto subiu nas listas estadounidenses. O seu título está sacado da letra da canción "One Armed Scissor".
Listaxe de cancións "Fahrenheit" - 2:27 "Picket Fence Cartel" - 2:29 "Chanbara" - 2:57 "Lopsided" - 4:41 "Napoleon Solo" - 4:44 "Pickpocket" - 2:35 "Metronome Arthritis" - 3:58 "198d" - 4:03 "One Armed Scissor" - 3:44 "Enfilade" - 5:03 "Non-Zero Possibility" - 5:33 "Incetardis" - 3:26 "Doorman's Placebo" - 5:32 "Autorelocator" - 4:59 "Rascuache" (Latch Bros. Remix) - 3:58 "This Night Has Opened My Eyes" - 3:58 "Initiation" (ao vivo) - 3:33 "Take Up Thy Stethoscope and Walk" (Roger Waters) - 5:03
Categoría:Recompilatorios de 2005