José Juan Bigas Luna, coñecido artisticamente como Bigas Luna, nado en Barcelona o 10 de marzo de 1946 e finado en Tarragona o 5 de abril de 2013Muere Bigas Luna, El País, 6/4/2013., foi un director e guionista de cinema catalán. Casado con Celia Orós o 26 de setembro de 1996, rodou tanto en catalán como castelán e obtivo varias distincións internacionais.
Traxectoria A súa primeira longametraxe data de 1976 e chámase Tatuaje. Mais será en 1978, co filme Bilbao que conseguirá prestixio internacional debido a este ser seleccionado para o Festival de Cannes. Os seus filmes contan sempre cunha gran carga de erotismo. É considerado un grande descubridor de talentos como Ariadna Gil, Javier Bardem, Penélope Cruz ou Jordi Mollà.
Filmografía Historias impúdicas, director Tatuaje (1976), director Bilbao (1978), director Caniche (1979), director Renacer (1981), director Lola (1986), director Angustia (1987), guionista e director Las edades de Lulú (1990), guionista e director Jamón, jamón (1992), guionista e director Huevos de oro (1993), director La teta y la luna (1994), director Lumière et compagnie (1996), director dunha das curtas Bámbola (1996), director La camarera del Titanic (1997), guionista e director Volavérunt (1999), director Son de mar (2001), director Yo soy la Juani (2006), director Di Di Hollywood (2010), director Segundo Origen (2012), director e guionista
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sítio oficial
Categoría:Personalidades do cinema de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Finados por leucemia