Roseanne é unha comedia de situación estadounidense que emitiu a ABC entre 1988 e 1997 protagonizada por Roseanne Barr e John Goodman.. A serie chegou ao número un dos índices Nielsen converténdose no programa de televisión máis visto nos Estados Unidos de 1989 a 1990, permanecendo entre os catro primeirios durante seis das súas nove tempadas e entre os vinte primeiros en oito. A serie recibiu varios premios Emmy. En Galicia emitiuna a Televisión de Galicia. Desenvolvemento A serie tiña como protagonistas aos Conner que vivía na ficticia cidade de Landford, eles representaban unha típica familia da clase media norteamericana e nela fundíase a comicidade e o drama, tratando temas importantes como a homosexualidade, o feminismo, a obesidade ou a pobreza. Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1988 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1997 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega