miniatura|Templo da Igrexa Cristiá das Illas Cook en Matavera A Igrexa Cristiá das Illas Cook (Cook Islands Christian Church, coñecida tamén polas siglas CICC) é a principal denominación relixiosa das Illas Cook, conforma unha igrexa protestante de tradición congregacionalista que agrupa a arredor de 18.000 membros,Cook Islands Christian Church , oikoumene.org, consultado o 13 de novembro de 2010. incluíndo ao 56% dos residentes nas Cook.Central Intelligence Agency, The World Factbook: Cook Islands , cia.gov, consutlado o 13 de novembro de 2010. pero a igrexa tamén ten congregacións en Nova Zelandia e Australia.

Historia A CICC ten a súa orixe no labor da Sociedade Misioneira de Londres (LMS), que comezou a traballar nas illas en 1821. En 1852, a LMS fundou a Cook Islands LMS Church., que se converteu en autónoma en 1968 ao aprobar o Parlamento das Illas Cook a Lei de constitución da Igrexa Cristiá das Illas Cook Cook."Bill signals change for Cook Islands Christian Church" , press release, 3 July 2003, cook-islands.gov.ck, consultado o 13 de novembro de 2010.. En 1978 a igrexa formou a primeira congregación fóra das illas, en Auckland formada por naturais das Illas Cook residentes nesa cidade. Organización A sede central da Igrexa está en Takamoa, o órgano de decisión da Igrexa é a Asemblea Xeral que se xunta cada dous anos, o órgano executivo é o Consello Executivo, formado por dez persoas que se elixen cada catro anos, encabezado polo presidente non obstante é o Secretario Xeral o responsable do Consello Executivo e da administración da Igrexa. Cada igrexa local ou congregación, ekalesia en maorí das illas Cook é autónoma, en 2010 a igrexa contaba 23 congregacións nas Cook, 22 en Nova Zelandia e 15 en Australia Pacific Conference of Churches. Os pastores, que en 2010 eran 70, fórmanse no Colexio Teolóxico de Takamoa en Rarotonga. A Igrexa Cristiá das Illas Cook é membro do Consello Mundial de Igrexas, e da Conferencia de Igrexas do Pacífico. Notas

Categoría:Protestantismo nas Illas Cook Categoría:Denominacións protestantes