Johann Friedrich Wilhelm Adolf von Baeyer, nado en Berlín en 1835 e finado en Stanberg en 1917, foi un químico alemán de orixe xudía-asquenací por liña materna, que sintetizou o índigo e en 1905 recibiu o Premio Nobel de Química.

Traxectoria Estudou matemáticas e física na Universidade de Berlín antes de se trasladar a Heidelberg para estudar química con Robert Bunsen. Alí traballou no laboratorio de August Kekulé.

Entre os seus logros científicos está o descubrimento da fenolftaleína e a fluoresceína, derivados do ácido úrico, e as resinas de fenol-formaldehido. Conseguiu en 1880, logo de dezasete anos de investigación a síntese do índigo e conseguiu determinar a súa estrutura molecular (1883).

Baixo a súa dirección traballou o farmacéutico galego Xosé Casares Gil que foi o precursor do desenvolvemento actual da Química en España.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1905 Biografía na páxina do Instituto Nobel 1905 Perfil de Adolf von Baeyer en NNDB

Categoría:Químicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Medalla Davy Categoría:Nados en 1835 Categoría:Finados en 1917 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Profesores da Universidade de Estrasburgo Categoría:Premios Nobel de Alemaña