Superamigos foi un programa infantil emitido na TVG entre 1989 e 1990. Desenvolvemento A presentación e dirección do programa corrían a cargo de Rosa María Tebar e contaba coa axuda dun monicreque de nome Espantallo. O programa incluía concursos para os rapaces, contos en galego e inglés e series de debuxos animados como Os Pitufos, Laurel e Hardy, Os Supersónicos, Superman ou Tarzán.

Véxase tamén Outros artigos Xabarín Club

Ligazóns externas Superamigos en G25

Categoría:Programas da TVG