A tempada 2010/11 da Liga Italiana de Rugby foi a 81ª edición da máxima competición nacional organizada pola Federación Italiana de Rugby. A tempada comezou o 12 de setembro do 2010 e despois de 18 xornadas rematou o 1 de maio do 2011 para dar paso ós playoffs, nos que participaron os catro primeiros equipos da táboa clasificatoria.

Debido á entrada nesta tempada de dous equipos italianos na Magners League, a Liga Italiana de Rugby xa non clasificará ningún equipo para a vindeira Heineken Cup, senón que os catro equipos que disputaron os playoffs estarán na European Challenge Cup o ano que vén.

Denominada dende esta tempada como Campionato de Eccellenza, este ano estaba previsto que a competición estivese composta por 12 equipos, e con ese obxectivo ascendeuse dende a serie A (segunda división) a tres equipos: SS Lazio, Mogliano e Noceto. Non obstante, no verán anunciouse a saída da liga dos vixentes campión e subcampión da tempada pasada, para comezar a competir na tempada 2010/11 da Magners League, o Benetton Treviso por si mesmo e o Rugby Viadana como núcleo esencial do proxecto do Aironi Rugby. Tamén se levou a cabo a fusión do Rugby Parma co Noceto para crear o Crociati, así que a liga xa se quedaba en nove equipos, de xeito que houbo que repescar o descendido Veneziamestre e cerrouse así a liga con 10 equipos, como na tempada anterior. Finalmente, o Gran Parma e mais o Colorno da serie A tamén se fusionaron para crear o GranDucato.

Equipos 300px|dereita|miniatura|Stadio Tommaso Fattori, en L'Aquila. ClubCidadeEstadioCapacidadeL'AquilaL'AquilaStadio Tommaso Fattori10.000CavalieriPratoStadio Enrico Chersoni1.300CrociatiParmaStadio XXV Aprile 2.500GranDucatoParmaStadio XXV Aprile2.500SS LazioRomaCentro Sportivo Giulio Onesti5.000MoglianoMogliano VenetoStadio Maurizio Quaggia786PetrarcaPaduaStadio Plebiscito9.600Rugby RomaRomaStadio Tre Fontane4.000RovigoRovigoStadio Mario Battaglini7.000VeneziamestreVeneciaCentro Sportivo Comunale600

Clasificación 440px|dereita|miniatura|Despois da tempada regular se disputaros os playoffs. (Imaxe da final entre Rovigo e Petrarca). Tempada 2010-2011 do Campionato di EccellenzaEquipoPuntosXogadosGañadosEmpatesPerdidosBonus 1 Rovigo 73 18 16 0 2 9 2 Cavalieri 67 18 14 0 4 11 3 Petrarca 59 18 13 1 4 5 4 Crociati 48 18 10 2 6 4 5 GranDucato 45 18 9 1 8 7 6 Rugby Roma 40 18 7 2 9 8 7 Mogliano 37 18 6 2 10 9 8 SS Lazio 32 18 6 2 10 4 9 L'Aquila 21 18 4 0 14 5 10 Veneziamestre 0 18 0 0 18 4En azul os catro4 equipos que se clasificaron para disputar o título nas semifinais e que estarán o vindeiro ano na European Challenge Cup.

En amarelo, o último clasificado que descende.

A vitoria vale catro puntos e o empate dous. Os bonus, dun punto cada un, danse por conseguir catro ensaios ou máis, e por perder por sete puntos ou menos.

Veneziamestre tivo catro puntos de penalización.<noinclude> 300px|dereita|miniatura|Xogadores do Petrarca festexando a vitoria na final. Semifinais e final LocalResultadoVisitanteInformaciónData e horaEstadio e cidade Ida das SEMIFINAISCrociati13 – 20Rovigo14 de maio, 18:10XXV Aprile, ParmaPetrarca31 – 18Cavalieri15 de maio, 18:10Memo Geremía, Padua Volta das SEMIFINAISRovigo24 - 9Crociati21 de maio, 18:10Mario Battaglini, RovigoCavalieri5 - 6Petrarca22 de maio, 18:10Enrico Chersoni, Prato F I N A LROVIGO14 - 18PETRARCA28 de maio, 18:10Mario Battaglini, Rovigo A vitoria final no campionato italiano de rugby correspondeulle a Petrarca Rugby, equipo que viña de rematar terceiro despois de 18 xornadas de liga regular. A final enfrontou a Rovigo e a Petrarca, dous equipos con 11 títulos cada un no seu palmarés, pero que non acadaban o campionato dende había máis de 20 anos.

Véxase tamén Outros artigos European Challenge Cup 2010-2011 Magners League 2010-2011 Liga Italiana de Rugby

Ligazóns externas Web oficial da Federación Italiana de Rugby Resultados e clasificación da última xornada

Categoría:Rugby en 2011