Francisco González Amadiós, Panchulo, nado en Vigo o 26 de xullo de 1924 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1997, foi un economista e político galego.

Traxectoria

Fillo de Francisco González Garra. Licenciado en Ciencias Económicas. Foi un dos dirixentes do Movemento Socialista de Galicia, que en 1975 se integrou no Partido Socialista Galego. Foi o candidato número cinco do PSG pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1977.Faro de Vigo, 10-5-1977, p. 23. Foi senador electo por Pontevedra polo PSdeG-PSOE nas eleccións de 1979. Elixido deputado do Parlamento galego polo PSOE nas dúas primeiras lexislaturas, foi vicepresidente do Parlamento. Posteriormente ingresou no BNG.

Vida persoal

Casou con Marisa Pérez, filla de Telmo Pérez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición

Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes