Brian Russell De Palma, nado en Newark (Nova Jersey) o 11 de setembro de 1940, é un director de cinema e guionista estadounidense.

Traxectoria É fillo dun cirurxián, e desde moi temperá idade interesouse sobre todo polas ciencias e a técnica; en dúas ocasións gañou a "National Science Fair Competition". Namentres estudaba a carreira de Física, descubriu a súa paixón pola sétima arte, interesándose especialmente polo traballo de Alfred Hitchcock, Roman Polanski e Jean-Luc Godard. De 1962 a 1964 estudou arte dramática no Sarah Lawrence College de Nova York e dirixiu varias curtametraxes.

Logo de sete producións independentes, na que destaca a súa primeira mirada cara á guerra e en especial á guerra de Vietnam, con Greetings (1968) con Robert De Niro, salta á fama coa película Sisters (1973) e usa por primeira vez o estilo voyeurista que despois será, xunto coas pantallas divididas, unha característica no seu quefacer.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do cineasta

Categoría:Personalidades do cinema