E. P. Sanders nado en Grand Prairie (Texas) o 18 de abril de 1937 e finado o 21 de novembro de 2022, foi un especialista en xudaísmo e cristianismo no espazo grecolatino.
Traxectoria Foi profesor das Universidades de Mc Master (Halminton, Ontario), Oxford e Duke, residiu en Xerusalén onde estudou xudaísmo rabínico. Impartiu clases tamén no Trinity College de Dublín e Cambridge. O seu libro Xesús e o Xudaísmo recibiu o Premio Grawemeyer como o mellor libro sobre estudos relixiosos dos anos oitenta. Foi membro da Academia Británica, e retirouse no 2005.
Pensamento Parte da contextualización dos textos na realidade sociolóxica do século I mediante diversos estudos comparativos. Para Sanders, Xesús de Nazaret tiña unha mensaxe escatolóxica que anunciaba a restauración do Reino de Israel. Unha restauración que era unha boa nova para os excluídos moral e politicamente. Cando se fala da acollida aos pecadores no Novo Testamento, á luz do xudaísmo palestino do século I refírese aos que persistentemente e de xeito pertinaz se colocan ou son colocados nesa posición de exclusión. Entende que as ideas de Xesús sobre a flexibilización da pureza ritual e do cumprimento do Shabat, non son razóns poderosas que conducirían a Xesús á morte. Para el tivo que ser un conflito coa clase sacerdotal saducea (que se albisca na expulsión dos mercadores do Templo de Xerusalén) o que provocou o fatal desenlace. Será posteriormente Paulo de Tarso quen saque as consecuencias deste conflito cando proclamou a salvación por pura graza sen necesidade de cumprir a Lei de Moisés.
Obras Paul and Palestinian judaism (1977). Paul the Law and the jewish people (1983). Jesus and Judaism (1988). Judaism practice and believe (1992). The historical figure of Jesus (1993).
Notas
Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América Categoría:Historiadores de Historia da relixión Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Grand Prairie, Texas