(470308) , tamén escrito coma 470308 (), é un obxecto trans-neptuniano cunha magnitude absoluta de 4,7. Este feito é o que o leva a ser considerado coma un posible pequeno candidato a planeta anano. Chegou ó seu perihelio ó redor do ano 1888.
Asumindo o albedo xenérico para os TNOs que é de 0.09, o diámetro estimado para este obxecto sería duns 500 km de diámetro. Foi observado 32 veces en 7 oposicións distintas, incluíndo imaxes recuperadas que nos fan retroceder ata o ano 1984.
Plutino ou obxecto do disco disperso? En data do 2009, o Centro de Planetas Menores (MPC) catalogaba a coma un plutino (un obxecto trans-neptuniano nunha resonancia orbital de 2:3 con Neptuno). Pero o programa Deep Ecliptic Survey (DES) catalógao coma un obxecto do disco disperso baseándose na integración da órbita nun rango de 10 millóns de anos.
350px|miniatura|none|O movemento de comparado con Plutón.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Candidatos a planeta anano Planeta anano
Ligazóns externas Orbital simulation from JPL (Java) / Horizons Ephemeris 2007 JH43 Precovery Images
Categoría:Obxectos do disco disperso e obxectos distantes Categoría:Candidatos a planeta anano