As Miráns de Abaixo é unha das 27 entidades de poboación da parroquia do Araño, no concello coruñés de Rianxo. A distribución da súa poboación é irregular, dada a extensión do lugar cara distintas direccións, xa que cruza dun lado a outro o río Té. Pódese acceder ó centro das Miráns dende varias pistas que dan á C-550 (Comarcal que une Padrón e Ribeira) arredor do quilómetro 10 e 11.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 114 habitantes (51 homes e 63 mulleres). Economía Aínda que a maioría da poboación vive da agricultura ou traballa na industria, atopamos nas Miráns establecementos de turismo rural e hostalería.
Patrimonio Nas Miráns hai varios cruceiros, hórreos, un pombal reconvertido para o seu uso en turismo rural, nunha aldea rural na que tamén se atopan (traídas dende outras aldeas) un antigo muíño restaurado sobre o río Té, e varias pías. Nas Miráns tamén se atopou en 1907 unha estela funeraria romana , unha lápida exhibida na Exposición Rexional Galega de 1909, e actualmente exposta no Museo Provincial de Pontevedra. A carón do río Té está a ruta dos muíños. Á beira do río está o Campo da Ponte, unha área recreativa con merendoiro, sitios onde preparar comidas campestres, bancos e mesas de pedra, un cruceiro, e unha ponte sobre o río.
Notas
Lugares e parroquias Lugares do Araño
Parroquias de Rianxo
Categoría:Lugares de Rianxo