miniatura|dereita|220px|Cassidy como Tarzán con Cheeta en 1969. Theodore Crawford Cassidy, máis coñecido por Ted Cassidy, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 31 de xullo de 1932 e finado nos Ánxeles o 16 de xaneiro de 1979, foi un actor estadounidense.
Traxectoria Persoa moi alta, de 2 metros e 6 centímetros, normalmente interpretaba personaxes pouco correntes en series de ficción científica ou fantásticas como Star Trek e I Dream of Jeannie, sobre todo é coñecido pola interpretación de Lurch, o mordomo, na serie de televisión da década de 1960 The Addams Family e por realizar a narración de apertura da serie da década de 1970 The Incredible Hulk (serie de televisión). Tamén prestou a súa voz para series de animación como The New Adventures of Huckleberry Finn e Fantastic Four. No cinema participou en Butch Cassidy and the Sundance Kid ou O ouro de Mackenna.
Véxase tamén
Categoría:Actores de Pensilvania Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 1979