miniatura|dereita|Erzsébet Báthory. Erzsébet Báthory (Alžbeta Bátoriová-Nádašdy en eslovaco, 1560 — 1614) foi unha condesa húngara, considerada a máis famosa asasina en serie da historia húngara e eslovaca, coñecida como a condesa sanguiñolenta. Viviu a maior parte da súa vida no castelo de Csejte. Ela e catro colaboradores foron acusados de torturar e asasinar a numerosas raparigas, entre 20 e 2000. En 1610 foi condenada a confinamento solitario ata a súa morte. Algúns historiadores contemporáneos sosteñen que os crimes foron invencións dos seus inimigos políticos.

Biografía Naceu en Nyírbátor, aínda que pasou a súa infancia no castelo de Ecsed, aos once anos a súa familia prometeuna co conde Ferenc Nádasdy (Francisco Nádasdy), e trasladouse ao castelo de Sárvár, en 1575 casou con el, quen lle outorgou o castelo de Csejte como regalo de vodas. O seu marido morreu en 1602 ou 1604. Descoñécese cando comezou cos seus crimes, tanto o seu home como os seus familiares coñecían o que estaba facendo, pero non interviron, e progresivamente aumentou a súa brutalidade. En 1610 debido aos rumores e inquedanzas polo gran número de desaparicións na zona, o conde palatino György Thurzó, primo da condesa, pon fin ao masacre ao entrar cos seus soldados no castelo.

Devanceiros

Categoría:Personalidades de Hungría Categoría:Nados en 1560 Categoría:Finados en 1610