A selección de hóckey a patíns masculina de Mozambique é o equipo masculino que representa a Mozambique nas competicións internacionais de hóckey a patíns. Trátase, xunto con Angola dunha das mellores seleccións deste deporte no Continente africano. É a única selección africana que conta cun título a nivel mundial, ao proclamarse campión do Campionato do Mundo "B" na súa edición do 2006 disputada en Montevideo (Uruguai).

Palmarés 1 Campionato do Mundo "B": 2006

Equipo Estes foron os xogadores convocados para o Mundial de Vigo e Pontevedra (Galiza) de 2009

NºNOMEPOSICIÓN1Armando QueirozPorteiro2Bruno M. PimentelDefensa3Jose SoaresDianteiro4Nelso MiquesseneDianteiro5Paulo PereiraDianteiro6Spiros C. EsculudesDianteiro7Bruno AdriaoDefensa8Wilson SigalettiDefensa9Ivan EsculudesDianteiro10Nuno F. AdriaoPorteiro

Adestrador: Pedro Pimentel

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial da Federação Moçambicana de Patinagem

Mozambique