200px|dereita|miniatura|Richie McCaw. Richie McCaw, nado en Oamaru o 31 de decembro de 1980, é un xogador neozelandés de rugby. É o capitán da selección de rugby de Nova Zelandia, e xoga na posición de 3ª liña. Foi premiado como mellor xogador internacional do mundo 3 veces (máis que ningún outro) pola IRB, nos anos 2006, 2009 e 2010.

Traxectoria McCaw debutou co Canterbury RFU na liga neozelandesa de rugby, a NPC, no ano 2000. Un ano despois, no ano 2001 tamén debutou cos Canterbury Crusaders no Super 12, e foi chamado por primeira vez para xogar cos All Blacks. No ano 2006 foi a súa estrea como capitán da selección do seu país.

EquiposTempadasTítulos Canterbury RFU 2000 - 6 NPC (2001, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011)Crusaders 2001 - 4 Super Rugby (2002, 2005, 2006, 2008)All Blacks 2001 - 1 Mundial (2011) e 7 Tri Nations (2002, 2003, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010)

Véxase tamén Outros artigos Selección de rugby de Nova Zelandia Xogador Internacional do Ano da IRB

Ligazóns externas Perfil de Richie McCaw en AllBlacks.com

McCaw