Precipitate é un EP da banda estadounidense de post-punk revival Interpol, editado en xaneiro do 2001. Nel hai dous temas que non están en ningún álbum da banda, "Precipitate" e "Song Seven" (aínda que "Precipitate" está noutro EP, Fukd ID#3). A versión de "A Time To Be So Small" é distinta á regravada e incluída tres anos despois en Antics e "PDA" tamén é diferente á editada en Turn on the Bright Lights e Fukd ID#3.
O EP limitouse a 500 copias e foi vendido un ano antes da edición do seu álbum de estrea, Turn on the Bright Lights.
Listaxe de cancións "Precipitate" – 5:35 "Song Seven" – 4:41 "PDA" – 5:35 "A Time to Be So Small" – 5:45
Categoría:EPs musicais de 2001 Categoría:EPs de Interpol