Alejandro Enrique Alvargonzález San Martín, nado en Vigo o 11 de xullo de 1959, é un diplomático galego.

Traxectoria

Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía. Ingresou en 1987 na Carreira Diplomática. Estivo destinado nas representacións diplomáticas españolas en Honduras, Exipto, Cuba e Suíza.

Foi embaixador de España en Bosnia e Hercegovina ata 2012, ano en que foi nomeado Secretario Xeral de Política de Defensa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Alejandro Alvargonzález , na web de La Moncloa.

Categoría:Embaixadores de España en Bosnia e Hercegovina Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes